Os nosos atletas tiveron unha fin de semana intensa de competición por diferentes puntos de Galicia.
Achegamos os resultados dos XVII Campionatos Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 en PC, disputados o domingo 10 de marzo no Palacio de Deportes de Riazor A Coruña:
[SUB12] *Ángel Rodríguez:* 3:07,72 en 1000ml (Campión Galego)
[SUB12] *Candela Alonso:* 1.31m en altura (Campioa Galega e M.M.P.)
[SUB10] *Cíes Rial:* 3.25m en lonxitude (Subcampioa Galega e M.M.P.)
[SUB10] *Cíes Rial:* 4:02,63 en 1000ml (Subcampioa Galega)
[SUB12] *Lena Riera:* 1:34,63 en 500ml (Bronce e M.M.P.)
[SUB12] *Candela Alonso:* 3,90 en lonxitude (4ª clasificada con M.M.P.)
[SUB12] *Fernanda Mateo:* 3,89 en lonxitude e 7,89 en 60ml (5ª e 6ª clasificada con M.M.P. en ambas!)
[SUB10] *María Costas:* 4:10,17 en 1000ml e 2,99 (5ª e 7ª clasificada con M.M.P.)
[SUB12] *Antón Fuentes:* 1.16 en altura (7º clasificado con M.M.P.)
[SUB12] *Ángel Rodríguez:* 4.01 en lonxitude (7º clasificado con M.M.P.)
[SUB10] *David Costas:* 7.74 en peso e 3:59,46 en 1000ml (7º e 13º clasificado con M.M.P. en ambas!)
Experiencia tamén para *Valeria Sende* nos 60ml con 8.92 e para *Antón* nos 1000ml con 3:32,72
E para pechar un día redondo… na zona de lanzamentos, *Ariadna y Deva* levaron o peso ata os 5.51 e 5.09 respectivamente deixando a marca moi preto do seu mellor rexistro e no foso de lonxitude tamén tivemos a maiores varias marcas persoais con *Lena e Mateo* (3.68 y 3.29 respectivamente).
Noraboa a todas/os!


