A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta unha nova edición da tradicional “Festa dos callos”.
O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 27. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando o turismo, a gastronomía e a cultura da terra.
Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar o domingo 19 de outubro a partir das 11:00h. das racións de callos coa música do Grupo de gaitas “Arume” e o Grupo de Pandereteiras “A volta do Demo”.
Ademais, tralo éxito da edición anterior, voltaremos contar cun “pintacaras”.
Comparte e sente a chegada do outono. Agardamos por ti e a túa familia!


