Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acaecido no XVII Trofeo Alfonso Posada celebrada o 19 de xullo na Pista de Atletismo de Balaídos.
Dela destacan as MMP de Marcos Acuña nos 200m Homes; Breixo Silva no Peso (4kg) Homes e no Martelo.
Ademais, Sabela Vázquez participou no Peso (3kg) Mulleres e no Martelo (3kg) Mulleres.
Ao día seguinte, isto é, 20 de xullo, unha delegación de atletas participou na XI Carreira Carneiro ó Espeto, en Moraña, acadando uns bos resultados na categoría por parellas.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografía: Mónica Guede


