A Asociación Xuvenil de Beade está composta por xóvenes con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Realiza unha labor para implicar a toda a rapazolada da parroquia en actividades tanto culturais como deportivas.

Os actos que se organizan e se promoven desde este grupo son de variada índole, destacando os seguintes: cursos de formación de automaquillaxe e repostería creativa, campionatos e torneos de videoxogos, desfiles de moda, obradoiro de manualidades, actuacións musicais, saídas culturais, etc.