Uns meses antes da chegada do Entroido, festa pagana de troula e cor polas rúas, toca dar renda solta á imaxinación e crear unha idea nova e creativa para comezar a traballar e preparar todo o necesario para a Comparsa.

Nos últimos anos esta agrupación caracterizouse en grandes cantantes e músicos de todos os tempos, foron membros dunha tribo africana, desfilaron como grandes damas e cabaleiros da corte coa Pantasma da Ópera ou como personaxes do Xorobado de Notre Dame, custumizando os seus propios traxes, coreografías e carrozas para dar un gran espectáculo nos desfiles da cidade de Vigo, Gondomar, Baiona ou Bembrive. 

No ano 2.023 gañou o primeiro premio do concurso de comparsas do Entroido de Vigo con «De Beade a Buckingham»estando conformada por máis de cen persoas de todas as idades.