GAITEIROS "ARUME"
Gaiteros «Arume» é unha seria conxunción de instrumentos musicais populares galegos, creada na metade da década dos anos oitenta, arredor dunha noble idea de conservar, divulgar e humildemente ampliar a cultura musical do País, desde a plataforma básica que supón unha entidade veciñal e cultural como a do C.S.C.R. de Beade.
Gaitas, tambores, bombos, pandeiretas e cunchas, constitúen o abano de instrumentos empregados no proxecto, mantendo a estética dos nosos clásicos gaiteiros, como Soutelo de Montes, “Os Morenos” de Lavadores, “Os campesiños” de Vilagarcía, Ricardo Portela ou “Moxenas”, no que basean fundamentalmente a maior porcentaxe do seu repertorio.
O Grupo de música de raiz “Noitarega” aporta ao director actual de “Gaiteiros Arume”, Xosé Manoel Oliveira, en dar continuidade na historia da música tradicional ao fundador e Mestre nas primeiras fases deste proxecto: Nazario González Iglesias “Moxenas”.
Estructura:
Hoxe en día, a agrupación está formada por arredor de 30 compoñentes, cun rango moi grande no tocante a idade, crecendo día a día no número de músicos, o que permite ao seu director, subdividir a formación cando acompaña ao Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega”, chegando a crear ata 3 seccións diferentes por idade.
- “Festival Folklórico Julián Arellano Mesalles” en Fraga (Huesca).
- “Festival Internacional de Folklore” en Matosinhos (Portugal).
- “Conservatorio de Música Manuel de Falla de Alcorcón” (Madrid).
- “Festival Internacional” en Alcorcón (Madrid) Pabellón deportivo.
- “Festival Internacional” en Aveiro (Portugal).
- “Festival Internacional” en Figueira da Foz (Portugal).
- “Festival Internacional” en el País Vasco (Sestao).
- “Festival Folclórico” en Miguelturra (Ciudad Real).
- “Festival Folclórico Internacional”, organizado polo Concello de Vigo.
- “Festival Nacional de Folklore de Cabezo de Torres” (Murcia).
- “Festival da Vendima en Puebla de Almoradiel” (Toledo).

