BAILE MODERNO
O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade fúndase no ano 2.009 baixo a dirección de Adelia Danza. Comezan con estilos de combinación de bailes urbanos que naceron na década de 1.970 nos Estados Unidos: funky, hip – hop e gym – jazz.
No 2.021, o grupo sofre unha renovación direccional e de estilo, asumindo tal función José Manuel e Yaiza Barreiro. Así pois, ademais de seguir un ritmo urbano, aparecen mesturas tradi, principalmente galegas e andaluzas.
Seguidamente, do verán de 2.022 ata o verán de 2.023, Yaiza Barreiro asume a total dirección do grupo e mudan de nome, dando lugar a “Community Dancers” do C.S.C.R. de Beade.
Desde a temporada 2.023/2.024, o profesorado está formado por Ani de Bittencourt e Raquel Ferradás.
Composición:
A formación está composta actualmente por 79 bailaríns divididos en diferentes seccións que van desde os 3 anos ata os 50.
De este xeito, levan os seus bailes por festivais benéficos: Beade, Bembrive e Redondela; participan no programa “Vigo por la Danza”; adaptan o seu estilo a terreos de xogo, como o “Campo das Relfas” e no 2.024 forman parte da Cabalgata de Reis 2.024 de Vigo, realizando un vestiario e coreografías baseadas no fondo mariño.

