O colectivo feminino da parroquia de Beade decidiu crear a Vogalía da Muller para defender os seus dereitos de forma individualizada e dar resposta ás necesidades que amosen.

Co apoio da Consellería de Igualdade e Benestar, as mulleres de Beade que estean asociadas ou aquelas que están interesadas nas actividades do Centro Cultural, poden gozar dunha serie de obradoiros, excursións, festas… nas que elas son as protagonistas e as beneficiarias dos programas. Rómpese así coa desigualdade que tanto anos sufriu e aínda sofre este colectivo.

Desde as máis cativas ata as que xa teñen lembranzas de moitos anos, teñen voz e voto á hora de facer deste mundo un lugar sen barreiras onde sexan libres de ser como queiran e amosarse como son sen discriminacións. 

Así, desde Beade poñen o seu gran de area para que o cambio aconteza, onde esa neta, filla, nai e avoa poidan seguir crecendo como cidadáns e que a parroquia sexa un exemplo de superación e igualdade.