CAMPAMENTO DE NADAL
Durante as vacacións de Nadal podes vir ao noso Campamento, onde faremos manualidades, obradoiros de cociña, xogos, sesións de cine, cotillón Pre-Fin de Ano, merendola e moitas cousas máis, nas que poden participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
Se estás aburrida ou aburrido na casa e queres pasalo en grande durante o Nadal, non o dubides e reserva a túa praza. Contamos con horario matinal dende ás 8:30H. ata as 14:30H., sendo as actividades xerais a partir das 9:30H., ata ás 13:30H. Inscricións na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

OBRADOIRO FESTA DO SOCIO

Cando se celebra a Festa do Socio no Centro Cultural de Beade, na ludoteca lévanse a cabo actividades, xogos, manualidades, globofexia, pintacaras… para os máis cativos. Así disfrutarán da festa os maiores e os pequenos da casa. Se queres achegar aos teus fillos e fillas ao longo da mañá deberás cubrir unha inscrición que podes conseguir previamente na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
CAMPAMENTO DE VERÁN
Nos meses de vacacións de verán ten lugar o Campamento de verán da A.V.C.U. – C.S.C.R. Beade. Realizaremos obradoiros de manualidades e cociña, xogos, actividades deportivas, sesións de cine, festas temáticas, concursos… un conxunto de actividades lúdicas e dinámicas que esperamos que sexan do agrado dos máis cativos.
Dará comezo cas vacacións nos nenos e nenas a partir de xuño ata setembro de 9:30H. – 13:30H. con aula matinal dende ás 8:30H. ata ás 14:30H. A inscrición pode realizarse de maneira quincenal ou mensual. Máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
