FESTA DA CEREIXA
A “Feira – Festa da Cereixa” comeza a escribir a súa historia no ano 1.986 por iniciativa de D. Celso Rivas Pérez, Ex-Presidente da AA.VV. de Beade, ao observar o traballo que os veciños e veciñas realizaban con este froito. A abundancia era tal, que cada mañá, centos de habitantes da parroquia ían cargados nos seus carros de bois ou cestas cara á actual Praza do Rei e antigo Mercado do Berbés cun produto que recollían e escollían á tarde anterior.
Beade é unha gran productora de cereixas pero este traballo tradicional comezou a desaparecer co auxe da madeira de cerdeira. Por iso decidiuse rendirlle unha homenaxe cunha gran festa.
No ano 2.007 chega a “CowParade Vigo”, evento coñecido como o maior espectáculo artístico público do mundo que tivo lugar 8 anos antes en Zúrich, a cidade do escultor Pascall Knapp, creador das vacas de fibra de vidrio, que son as protagonistas desta exposición de rúa.
A Asociación de Veciños de Beade e a Concellería de Turismo, Xuventude e Comercio do Concello de Vigo acordan unha colaboración para traer á parroquia unha das vacas, onde as cereixas conviven coa marca de Turismo de Vigo, chamando a atención de todos os visitantes.

