HISTORIA
A Asociación de Veciños – Centro Social, Cultural e Recreativo e a partires do ano 2.000, a Asociación de Consumidores e Usuarios atópase dentro da Parroquia de Beade. Esta comprende máis de 745 hectáreas do Concello de Vigo lixeiramente inclinadas nunha das vertentes do Val de Fragoso, atravesadas polos ríos Xerxas, Mao, Babio e Quintián. A súa situación xeográfica a converte nunha verdadeira atalaia desde a que se divisa a cidade de Vigo e as Illas Cíes.
O topónimo Beade provén do nome persoal Beatus (Beati), que faría referencia ás terras da propiedade de Beatus. A primeira referencia escrita da parroquia data de 1.160, rexistrando a documentación da igrexa de Beati. O control administrativo das terras de Beade, xunto ás de Zamáns, correspondeu a partir de 1.371 ao Cabildo de Tui. Tras séculos de descenso continuado da poboación, a causa da enfermidade endémica, guerra e famentas, prodúcese unha recuperación a fins do século XVI, reflectíndose na constución da igrexa actual. No seu atrio atópase un interesante cruceiro, de orixe descoñecido que foi instalado na súa ubicación actual en 1.854.
En 1.982 comezou a construción do edifico do Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade, contando na actualidade cunhas magníficas instalacións, entre as que se atopan: un auditorio de 500 m2 distribuídos en dúas prantas, con 375 butacas, dous camerinos con capacidade para 15 persoas cada un, equipo de luz e son con 12 focos e un canón de 100W de potencia; unha sala de televisión con 48 asentos; cafetería; despachos; aulas insonorizadas; biblioteca con varios postos de lectura; aula de informática; cociña; parque infantil e ludoteca.