XOGOS INTERSOCIAIS
Os Xogos Intersociais dispútanse desde fai máis de trinta e cinco anos entre asociacións culturais e veciñais de Vigo e a súa área metropolitana, durante os meses de outubro a maio.
Consiste nunha competición a modo de liga por equipos dos diferentes centros culturais nas modalidades de varios xogos de mesa como o tute, a brisca, a basoira, o parchís, o mus, as damas e o xadrez.
Na XXXVIII Edición, correspondente á temporada 2015/16, a organización e a entrega de premios foi levada a cabo polo Centro Cultural de Beade, congregando a case douscentos xogadores e xogadoras dos colectivos de S.C.D.R. Helios de Bembrive, S.C.D. Atlántida de Matamá, S.V.C.D. Nautilius, C.R.A.C. de Coruxo, U.V.C.D. de Candeán, C.C.A.R. de Valladares, A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, C.R.C. O Torreiro de Priegue e a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
