SAN XOÁN
Unha das festas paganas máis populares galegas onde se conmemora o solsticio de verán a noite do 23 de xuño son as Fogueiras do San Xoán. O triunfo da oscuridade fronte a luz e a calidade do verán, unha noite máxica na que todo pode acontecer, as meigas pasean polas rúas, as herbas teñen propiedades miragreiras e espantan os malos espíritos e pedir desexos para que as lamas do lume as consuman. É unha noite esotérica na que poder descubrir tesouros marabillosos, descifrar segredos e atraer a fortuna e o amor.
No Centro Cultural de Beade, como en moitos lugares da terra meiga como é Galicia, é tradición celebrar a verbena do San Xoán cunha boa fogueira que regarda todo o mal acumulado durante o ano, e gozar de bailes populares, fogos de artificio e degustar o manxar típico como é a sardiña asada.
Debido a súa orixe pagana, esta noite é idónea para realizar rituais, prácticas e costumes trasmitidos de xeración en xeración, como realizar a agua do San Xoán coa que lavar a cara a maña seguinte e así estar libre de enfermidades e mal de ollo.
Unha Festa na que convidamos a que todos e todas participen para dar a benvida ao verán.