O domingo 16 de abril de 2.023 terá lugar a X Carreira da Cereixa, unha edición que se festexará por primeira lonxe da súa data habitual.

A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares «Run Run Vigo» do Concello de Vigo, ven de bater récord de participación con máis de 500 atletas inscritos.

Os corredores percorrerán as rúas de Beade en distancias de 10.000 metros e 5.000 metros, en categorías de F-1 e M-1 a F-5 e M-5.

As categorías inferiores contan con percorridos que van dende os 200 metros ata os 4.200 metros, sendo Pitufos, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil.

A entrega do dorsal será realizada o venres e sábado no Decathlon Vigo – Parque Comercial Meixoeiro e nas instalacións da Asociación de Veciños de Beade o mesmo día da carreira.

O prezo da inscrición é de 8€ (10km) e 6€ (5km) aberta ata o 12 de abril. En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira de maneira ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal. Haberá avituallamento en 5km aproximadamnete e ao finalizar a carreira. Será imprencindible levar posto o dorsal para recibir avituallamento. 

O control de tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.

 Establécense as seguinte categorías:

FEMININASMASCULINASANO DE NACEMENTO
F-1M-1Entre 1984-2003 (ambos incluídos)
F-2M-2Entre 1974-1983 (ambos incluídos)
F-3M-3Entre 1964-1973 (ambos incluídos)
F-4M-4Entre 1959-1963 (ambos incluídos)
F-5M-51958 ou anteriores

A organización porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas no colexio Coutada-Beade e aparcadoiro en dito centro ata as 9:45h, a partir desa hora nos arredores da igrexa. 

As carreiras dos nenos e nenas serán a partir das 11:30h:

CATEGORÍASDISTANCIAS 
Alevín1,2 km2012-2013
Benxamín600 m2014-2015
Prebenxamín600 m2016-2017
Cadete4,2 km2008-2009
Infantil4,2 km2010-2011
Pitufos200 m2018 e posteriores

Inscrición: Na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e na web https://www.runrunvigo.com/

Máis información: https://www.runrunvigo.com