Alberto Fernández é un dos atletas históricos do C.S.C.R. de Beade. Entre os anos 1.985 e 1.995 acadou numerosas medallas no Campionato Galego de 1.500, 5.000 maratón e media maratón.

Con lincencia nacional, adestrou varios equipos da área metropolitana viguesa, recalando como adestrador do Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade no ano 2.025.

A súa metodoloxía consiste en facer partícipes a todas as persoas de diferentes idades: dende a cativada ata os adultos, adestrando con eles para fortalecer a unión e o traballo en equipo.