Somos un Club de Atletismo con estatutos do Colexio da Coutada, que grazas á colaboración do C.S.C.R. Beade e da man de Fito Fernández e Hipólito Sousa, logrou iniciarse como Club de Atletismo en 1.985.

Temos categorías inferiores desde prebenxamíns ata senior e Veteranos. A finalidade é a formación dos deportistas desde a infancia, logrando que os nenos de hoxe continúen no futuro, todo isto paso a paso e con adestramentos acordes a cada idade. Os nenos deben divertirse, coñecer as distintas modalidades (carreira de pista e campo a través, saltos, obstáculos, lanzamentos de balón, disco, xavelina, etc.), experimentar compañeirismo, competición, coñecer valores como o esforzo, a constancia, o traballo e a humildade.

As categorías inferiores están dirixidas por Alberto Fernández, tendo como delegado a Santiago Garrido.

Para o mantemento do Club dependemos do C.S.C.R. Beade onde os nenos pagan unha cota anual e son socios do Centro Cultural.

  • Todos os deportistas teñen ficha Federada da Federación Galega de Atletismo e o seu correspondente seguro médico.
  • Os nosos deportistas participan nas competicións deportivas escolares e nas da Federación Galega de Atletismo, así como nas carreiras populares organizadas polos centros educativos e outros Clubes das Provincias.

Vos convidamos a coñecernos, traer aos vosos fillos a probar un periodo de tempo sen custo e descubrir un deporte diferente.