FESTA DO NADAL
Co frío e o inverno chega unha das celebracións onde os máis cativos son os protagonistas, o Nadal.
Na A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade tense en conta a importancia destas datas, decorando as instalacións coa ábore do Nadal, chea de cores, adornos e regalos, e o nacemento do neno Xesús, que nos dan a benvida en canto entramos no edificio.
Todos estes días de celebración e paz fan que sexan unhas datas perfectas para que a Rondalla do C.S.C.R. de Beade amenize as rúas coa súa música, a Masa coral cante panxoliñas e o resto de agrupacións fagan que a festa esté presente.
Os máis cativos teñen un papel moi importante nesta celebración, que se achegan con gran ilusión ás maxestades os Reis Magos que nos veñen a visitar e darlle doces a todos os nenos e nenas que se portaron ben durante o ano, e carbón para os máis trastes e fedellos. Así todos os nenos e nenas da parroquia poden sentarse no colo do seu Rei preferido e pedirlle os agasallos que semanas antes escribiron nunha carta que eles recibiron en Oriente. Unhas datas especias cheas de alegría e ilusicón que fan que comezamos o próximo ano con bo pé.

