A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe este domingo 29 de outubro ás 18H. ao Grupo de Teatro A Moura do Centro Cultural A Merced de Chaín para poñer en escea “O vestido de noiva”, unha comedia de autoría propia apta para todos os públicos.
Contarán coa presenza de Brezo Verea Nieto, xoven pianista que interpretará primeiramente “Opus 46 n⁰8 de Heller” e, a continuación, “1⁰ movimiento de la Sonate in G de Haydn”.
Este acto benéfico, que conta coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e o C.C. A Merced de Chaín, é a favor da asociación Bicos de Papel, que ten coma obxetivo axudar a familias de pacientes oncolóxico pediátricos no Hospital Álvaro Cunqueiro.
Así mesmo, hai habilitada unha Fila 0 que podedes atopar en Bicos de Papel e unha urna para donativos.
Toda colaboración será benvida para unha asociación que presta unha gran axuda tanto emocional como economicamente, aportando os recursos que as familias precisan para garantizar un apoio moi importante neses momentos tan delicados.

