Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Se estás interesada/o en traballar na AVCU-CSCR de Beade, abrimos prazo de recepción de CV dende o 15 de xuño ata o 22 de xuño de 2026 para as seguintes vacantes: 2 Monitores/as de tempo libre Enderezo electrónico para recibir os CV: info@av-beade.org
Dende o martes 13 de xaneiro se abriron as visitas para a Depuradora do Lagares. Trátase dunha interesante visita guiada para coñecer as instalacións máis punteiras cos diferentes procesos da agua. A AVCU-CSCR ten data para visitala o 26 de maio ás 17:00H. O punto de encontro estará habilitado na porta principal das instalacións, con inscripción previa para a veciñanza da nosa parroquia na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Gael Garrido ven de participar no XIII Cross Monterrey 2026 celebrado o 8 de marzo. O xoven atleta do C.S.C.R. de Beade realizou unha salientable actuación, quedando de terceiro na categoría de cadetes. Moitos parabéns! Agradecementos fotografía: S. Garrido
Xa temos nas nosas instalacións as árbores froiteiras para comezar a prantación de cerdeiras. Colabora Monte Veciñal en Mancomún de Beade. Importante: todas aquelas persoas que non realizaron a reserva, poden preguntar a dispoñibilidade de existencias a través da oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Entre todos conseguiremos seguir mantendo viva a tradición pola que é coñecida a nosa parroquia.
Gael Garrido ven de participar no FGA Control Aire Libre 2026 celebrado o 8 de febreiro en A Estrada. O xoven atleta do C.S.C.R. de Beade realizou unha salientable actuación, acadando MMP na proba dos 600m masculinos. A marca rexistrada foi de 1:43.92 Moitos parabéns! Agradecementos fotografía: S. Garrido
A Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” estará presente na tradicional Festa do San Blas 2026. A súa participación terá lugar o martes 3 de febreiro ás 10:00H. polas rúas da parroquia veciña de Bembrive. Vémonos todas e todos na festa que cura a gorxa!
Convócase a todos os socios desta Asociación á Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. o día 1 de marzo do 2026, con primeira convocatoria ás 11:00H. e 11:30H. en segunda.
Abrimos prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez realizamos unha viaxe de oito días e sete noites a Exipto co seguinte itinerario: Día 1: Vigo – Luxor Día 2: Luxor – Esna Día 3: Edfu – Kom Ombo Día 4: Aswan Día 5: Aswan – El Cairo Días 6 e 7: El Cairo Día 8: El Cairo – Vigo Datos de interese: Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Información a través do teléfono 986210967 Viaxe do 26 de outubro ao 2 de novembro. Data límite de inscricións: 16 de febreiro NOTA INFORMATIVA: A data límite…
Abrimos prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez realizamos unha viaxe de oito días e sete noites a terras mediterráneas co seguinte itinerario: DÍA 1: Saída do punto de orixe dirección Alicante. Xantar e paradas en ruta. Chegada ao hotel, distribución de habitacións cea e aloxamento. DÍAS 2 AO 7: Estancia en réxime de pensión completa. DÍA 8: Almorzo no hotel e saída en viaxe de regreso a Vigo, xantar e paradas en ruta. Datos de interese: Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Información a través do teléfono 986210967 Viaxe do 20 ao 27 de…
A Asociación Xuvenil de Beade xa ten data para a “Festa do Entroido 2026”. A cita será o sábado 7 de febreiro, ás 17:00H, no Centro Cultural de Beade. Nela haberá o gran concurso de disfraces, con tres categorías: infantil (até 12 anos), adultos e grupal; con tres premios por categoría. Poderás facer o teu propio antiface e haberá barra con comida e bebida. Anota a data que agardámosvos a todos!
