A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público «Más que Tribus», de Pilar Iglesias Mira (Pimira).
Nesta exposición quere amosar dúas facetas artísticas, de aí o título da mostra.
A primeira é unha serie de pinturas de mulleres de diferentes etnias realizadas en óleo e collage sobre madeira ou lenzo, nas que destaca a cor e a diversidade de adornos e maquillaxes considerados unha verdadeira arte da beleza e a pertenza social.
A segunda é un conxunto de impresións sobre papel de motivos mariños, principalmente peixes, sepias, polbos, etc. feita coa técnica denominada Gyotaku realizada con tinta china. O gyotaku (gyo «peixe» e taku «fregar») é un método tradicional artístico orixinario do Xapón que data de mediados de 1800. Esta forma de impresión natural foi empregada polos mariñeiros que querían ter un rexistro das súas mellores capturas.
O venres 17 de novembro ás 20H. terá lugar un encontro inaugural coa artista na Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade.
Datos de interese:
Título: «Más que Tribus»
Artista: Pilar Iglesias Mira (Pimira)
Datas: do 13 de novembro ao 13 de decembro
Horario de visita: luns a domingo de 10:00H. a 21:00H.
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural de Beade

