Estamos a piques de adentrarnos nas datas máis significativas do ano, o Nadal comeza a achegarse e con el as xuntanzas das familias e amigos.
Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. queremos facer destas festas a unión, a maxia e a ilusión, polo que convidamos a toda a veciñanza a participar na decoración da nosa árbore, que terá unha altura que non deixará indiferente a ninguén.
Se queredes formar parte desta iniciativa, podedes facelo doando bolas de cor dourada, prata ou vermella (co voso nome), ou mediante a creación de postais en tamaño A5 (A4 dobrado á metade).
Unha árbore de todos e para todos!

