Tras verse adiado por mor da climatoloxía, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade promove o “II Encontro de Rondallas en Beade” para achegar a música rondalleira á parroquia.
O evento, que conta coa colaboración da Irmandade de Festas de Santa Ana, está programado para o sábado 9 de decembro a partir das 16:15H., hora na que as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla de Peña Freixo) realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos:
Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende Materiales de Construcción Fernando Alonso ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
Rondalla do C.C.A.R. de Valladares: dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
Rondalla Peña Freixo: dende Farmacia Tojo ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
A continuación, o acto central terá lugar no Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade ás 17:00H., onde as 3 rondallas amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.
HISTORIA:
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade conta con 27 anos de historia e, en ocasións, é acompañada polo Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. de Beade. Este verán estivo presente nas Festas de Samertolameu, en Meira.
A Rondalla do C.C.A.R. de Valladares é outra das clásicas formacións da nosa cidade que teñen participado en numerosos certames e concursos de Vigo e Comarca.
A Rondalla Peña Freixo fúndase no ano 1996 por un grupo de rapaces da parroquia que formaban parte nese momento da Comisión de Festas.
NOTA: o evento pode sufrir modificacións por mor da climatoloxía.

