Os nosos atletas visitaron o sábado 20 de xaneiro o Concello de A Rúa para participar no Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 de Campo a Través – XVII Memorial Alejandro Lorenzo. Entre os resultados acadados están os seguintes:
[Alevín F] Lena, Candela, Fer, Deva, Laia, Xulia, Xoana, Noa, Ari e Sara – Campioas galegas
[Alevín M] Ángel Rodríguez – Campión galego
[Alevín F] Lena Riera – Campioa galega
[Infantil M] Lucas, Josep, Mateo, Nico, Gael e Breixo – Bronce galego
[Benxamín F] Cíes, María, Emma e Amelia – 4ªs galegas
[Infantil F] Icia, Irene, Camino, Claudia e Lara – 7ªs galegas
[Benxamín M] David pecha a gran actuación da xornada cunha 10ª posición individual.
Noraboa a todas/os!

