Moi boas novas dende o Campionato de España de Seleccións de Campo a Través celebrado o sábado 27 de xaneiro en Xetafe!
O noso atleta Xoel Franco, xunto aos seus compañeiros, proclamáronse CAMPIÓNS DE ESPAÑA na categoría Sub16, e ademais pecha unha espectacular actuación chegando á meta no 6º posto individual.
Noraboa á selección polas grandes actuacións e noraboa a Xoel polos resultados que segue a acadar.

