A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugura a nova temporada cultural coa chegada da “Cereixa de outono”.
O sábado 7 de setembro ás 20:30 h, a Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, “Beade de cine”, un novidoso evento que quere achegar o mundo do cinema a toda a familia nun espazo situado ao aire libre, contando con maxi-pantalla, flocos de millo ou bebida. Para desfrutar dun momento agradable en compaña das amizades e a veciñanza se solicita que o público veña con cadeiras da casa.
A continuación, a Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade acollerá do 10 ao 27 de setembro a exposición fotográfica “Rabuñadas”, unha mostra realizada pola Agrupación Fotográfica 8DBAD en favor de Proyecto Gato.
Ademais, contará cunha serie de actividades complementarias na que estarán presentes conferencias sobre fotografía e actividades para a cativada.
Finalmente, o sábado 21 de setembro ás 19:30 h terá lugar no Auditorio do C.S.C.R. de Beade a representación teatral “Resaca en el Caribe”, de Balterius`98, compañía teatral con sede en Villabalter (León), que ven de estrear esta nova comedia na XXVI SETIC (Semana de Teatro Intergeneracional en la Calle).
Protagonizada por dous matrimonios amigos que se van de vacacións a Cancún, veranse envoltos nun conflicto a causa dunha simple decisión tomada hai 25 anos.

