O noso atleta Xoel Franco ven de participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-16 coa Selección Galega.
Disputando a proba no Estadio Nelson Mandela (Tudela), Xoel realizou a súa MMP nos 1.000 m parando o crono en 2:35.42, marca que lle valeu un 3º posto e, polo tanto, a medalla de bronce.
No ámbito colectivo, Galicia acadou a 5ª posición.
Noraboa a Xoel e a toda a equipa!

