A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugura a tempada rondalleira cunha nova edición do “Encontro de Rondallas en Beade”.
O evento, que celebra o seu terceiro ano de vida, está programado para o sábado 30 de novembro a partir das 16:00H., momento no que as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do CVC de Valladares e a Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive) realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos:
- Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende Farmacia Tojo ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
- Rondalla do C.C.A.R. Valladares: dende Materiales de Construcción Fernando Alonso ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
- Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive: dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
A continuación, o acto central terá lugar no Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade, onde as 3 rondallas amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.
Historia das agrupacións:
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade conta con 28 anos de historia e, en ocasións, é acompañada polo Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. de Beade.
A Rondalla do C.C.A.R. de Valladares é outra das clásicas formacións da nosa cidade que teñen participado en numerosos certames e concursos de Vigo e Comarca.
A Rondalla da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive é unha das máis antigas e laureadas da Provincia, con máis de un século de lonxevidade (fundada no ano 1917).
NOTA: o evento pode sufrir modificacións por mor da climatoloxía.

