Unha delegación de atletas se desprazaron o sábado 28 de decembro ata Expourense para participar no Control FGA PC.
Entre os resultados acadados destaca o primeiro posto de Xoel Franco na final dos 1.000m Homes PC, logrando unha MMP de 2:34.55 e récord galego na categorías Sub16.
Daniel Currás e Carla Guisande tamén representaron ao clube durante a xornada da tarde.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

