A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade estivo presente no “14º Día de ACOPOVI”, evento organizado por ACOPOVI.
Nunha tarde onde as condicións climatolóxicas non convidaron a saír da casa, a música coral resoou con forza no Teatro Afundación de Vigo.
A Coral Polifónica Riomao, Coral Polifónica Allegro, Masa Coral do C.S.C.R. de Beade e o Coro de Cámara Rías Baixas foron as encargadas de deleitar aos espectadores nun acto no que se conmemorou o vixésimo aniversario de ACOPOVI e se outorgaron os premios ACOPOVI, recaendo en Preciosa Ucha e Yolanda Aguiar.

