Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acontecido o sábado 29 de marzo, onde a equipa tivo representación en Vigo, Pontevedra e O Barco de Valdeorras.
Coa Reconquista de fondo, un gran número de rapaces se achegaron ata o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos para participar no Xogade – Atletismo en Pista – Vigo 2025 – Programa A, tendo unha fantástica actividade formativa.
Destacan as MMP de Antón Fuentes no Peso (2Kg) Homes AL Final; Aicha Vila nos 80m Mulleres Final; Xoana Silva nos 1.000m Mulleres Combinadas; Noa Martínez nos 1.000m Mulleres Combinadas; Valeria Sende na Lonxitude Mulleres Sub-12 Final; Clara Roca na Lonxitude Mulleres Sub-12 Final; Inés González na Lonxitude Mulleres Sub-12 Final; Sara Rosales na Lonxitude Mulleres Sub-10 Final; Carmela Sanromán na Lonxitude Mulleres Sub-10 Final; Emma Pérez na Lonxitude Mulleres Sub-10 Final; Allie Cellerino na Lonxitude Mulleres Sub-10 Final; Candela Alonso no Peso (2Kg) Mulleres Final e Noa Lago no Peso (2Kg) Mulleres Final.
Na cidade do Lérez, Xoel Franco estivo presente na concentración do sector de fondo e medio fondo desenvolto no CGTD de Pontevedra.
Continuando coa xornada do sábado, Deva Pallás desprazouse ata a Pista de Atletismo «Luis Nogueira», en O Barco de Valdeorras, para participar no II Ourense Series Provinciais de Atletismo – Valdeorras Xornada 1.
En canto ao domingo 30 de marzo, o XXXIII Cross Escolar Párroco Don Camilo acaparou a actividade deportiva.
Cunha meteoroloxía máis propia da época estival, cómpre mencionar as primeiras posicións de Ángel Rodríguez (infantil masculino); Irene Burgos (infantil feminino); Antón Fuentes (alevín masculino) e Fernanda Mateo (alevín feminino).
O segundo chanzo do podio estivo protagonizado por Camino Gil (infantil feminino); Noa Lago (alevín feminino); Sara Rosales (benxamín feminino) e Alba Lago (prebenxamín feminino).
No terceiro lugar se atopan os nomes de Noa Martínez (infantil feminino) e Xulia Vázquez (alevín feminino).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Fotografía: Alfonso Vázquez

