Fin de semana festiva e, á vez, de actividade deportiva para os nosos atletas.
Comezamos o resumo co acaecido no XLI Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 16.
Disputado o sábado 17 de maio nas Pistas de Atletismo de Elviña (A Coruña), nos atopamos co 7º posto por equipos masculino.
Como MMP están as de Nicolás Vázquez nos 3.000m Homes; Breixo Silva no Martelo (4kg) Homes; Rubén Vázquez nos 300m Homes da súa serie; Xoel Franco nos 1.500m Obstáculos Homes e Xabalina (600g) Homes; Lucas Costas na Lonxitude Homes; Rubén Vázquez na Altura Homes e Daniel Currás nos 100m Homes.
Ese mesmo día tivo lugar no Estadio Municipal de Balaídos a I Xornada Serie Municipal Concello de Vigo 2025, con Sabela Vázquez no peso como representante do clube.
O domingo 18 achega as grandes novas da fin de semana.
O Xogade – Atletismo en Pista – Provincial Pontevedra 2025 – Alevín, celebrado en A Estrada, deixa as 1ªs posicións e MMP para Fernanda Mateo nos 500m Mulleres e Lonxitude Mulleres; María Costas na Pelota (300g) Mulleres e Deva Pallás nos 1.000m Marcha Mulleres.
As 2ªs posicións do equipo foron para Yoel Serantes nos 1.000m Marcha Homes, Sara Rivas na Altura Mulleres (con MMP na proba); Candela Alonso no Peso (2kg) Mulleres (con MMP na proba); Deva Pallás na Pelota (300g) Mulleres (con MMP na proba).
En canto ás MMP están Mateo Laíño na Altura Homes; Darío Fernández no Peso (2kg) Homes e na Pelota (300g) Homes; Noa Lago, Mía Lago, Cíes Rial, Clara Roca, Sara Conde, Ana Olivares e Manuela Andújar nos 500m Mulleres; Clara Lago na Altura Mulleres; Sara Conde e Mía Lago na Lonxitude Mulleres; Sara Pérez no Peso (2kg) Mulleres e Valeria Sende, Sara Pérez e Alba Rocha na Pelota (300g) Mulleres.
Finalizamos o resumo co II Cross Escolar Chans Bembrive, proba que contou con numerosa participación do clube e varias posicións no podio.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: Ángel / Fito / Lorena Páramo / María del Carmen / Rosana / Sabela

