A nosa sección de petanca ven de disputar novas xornadas de Liga correspondentes á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C.
A primeira que imos mencionar tivo lugar o luns 12 de maio no Asador O Rancheiro, onde o equipo enfrontouse ao Bembrive.
O venres desa mesma semana, 16 de maio, a formación achegouse ata o Centro Cultural Cabeiro para xogar contra o San Xoán.
Unha vez rematada a fase regular, o equipo disputará a semifinal da súa táboa clasificatoria fronte ao Carapucha. A ida terá lugar o venres 23 de maio ás 20:00h. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A quenda da volta será o 30 de maio ás 20:00h. na Rúa Carapucha (Matamá).
Moita sorte, equipo!

