Fin de semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acaecido o sábado 24 de maio nas Pistas Universitarias de Elviña.
Alí tiveron lugar o XXXIII Campionato Xunta de Galicia Sub 12 – XVII Campionato Xunta de Galicia Sub 10.
Dos Sub 12 destacan as primeiras posicións de Fernanda Mateo nos 500m Mulleres (con MMP na proba) e Deva Pallás nos 2.000m Marcha Mulleres en pista (con MMP na proba).
Posición de prata, isto é, segunda, para Sara Rivas na Altura Mulleres e para o equipo por relevos nos 4x60m Mulleres AL.
As terceiras posicións foron para Fernanda Mateo na Lonxitude Mulleres (con MMP na proba) e María Costas na Pelota (300g) Mulleres AL.
En canto ás MMP están David Costas nos 1.000m Homes; Darío Fernández no Peso (2kg) Homes AL; Noa Lago nos 500m Mulleres; Mía Lago, Cíes Rial, María Costas, Clara Roca, Sara Conde e Ana Olivares nos 1.000m Mulleres e Deva Pallás na Pelota (300g) Mulleres AL.
En relación aos Sub 10, as MMP as asinaron Martín Alonso nos 500m Homes; Alejandro González na Altura Homes; Roque Gil na Pelota (200g) Homes AL; Allie Cellerino nos 500m Mulleres; Sara Rosales nos 1.000m Mulleres e na Pelota (200g) Mulleres AL; Emma Pérez no Peso (1kg) Mulleres AL e na Pelota (200g) Mulleres AL.
Ese mesmo día tivo lugar en Lugo a Xornada Copa Deputación de Lugo 2025, que contou coa participación de Sabela Vázquez no Disco Mulleres.
Finalmente, o domingo 25 festexouse en Beade a XII Carreira da Cereixa.
A proba contou cunha ampla representación de atletas do clube, acadando os seguintes podios:
Primeiras posicións para Fernanda Mateo (Cadete Feminino); Yonas Pousa (Cadete Masculino); Xoana Silva (Infantil Feminino) e Ángel Rodríguez (Infantil Masculino).
Segundo posto do podio para Mia Lago (Cadete Feminino); Nicolás Vázquez (Cadete Masculino); Laia Gesto (Infantil Feminino) e Sara Rosales (Benxamín Feminino).
E, finalmente, as terceiras posicións foron para Noa Lago (Cadete Feminino); Daniel Currás (Cadete Masculino); Icía Ameneiro (Infantil Feminino); Diego Burgos (Alevín Masculino) e Allie Cellerino (Benxamín Feminino).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: Alfonso Vázquez / Gastón Cellerino / Lorena Páramo / Mira / Rosana

