Semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acaecido o mércores 28 de maio no CGTD (Pontevedra), onde tivo lugar o XLIX Trofeo S. Gimnástica Pontevedra – III xornada Froiz.
O máis destacado da xornada é o récord acadado por Xoel Franco.
A marca do Sub 16 nos 1.000m, que foi de 2.27:02, bate a acadada a nivel galego hai 33 anos, establecida en 2.27:74.
Ademais, fixa un novo récord a nivel estatal ao aire libre, que estaba en 2.27:88.
En canto ás MMP, están Alejandro González, Martín Alonso e Bruno Alonso nos 500m Homes; Nicolás Vázquez nos 3.000m Homes; Aitana González e Sara Rosales nos 500m Mulleres e Fernanda Mateo, Deva Pallás e Icía Ameneiro nos 1.000m Mulleres Sub 12-14.
Índonos cara a fin de semana, o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos (Vigo), foi o epicentro deportivo, disputándose o Xogade – Atletismo en Pista – Provincial Pontevedra 2025 – Benxamín e a 2ª Xornada Serie Municipal Concello de Vigo.
En canto ao provincial destacan as 1ªs posicións para Alejandro González na Altura Homes (con MMP na proba) e Emma Pérez na Pelota (200g) Mulleres (con MMP na proba).
Chanzo de prata, isto é, 2ª posición, para Sara Rosales nos 400m Mulleres (con MMP na proba).
As 3ªs posicións levaron o nome de Alejandro González nos 400m Homes (con MMP na proba); Roque Gil no Peso (1kg) Homes e Emma Pérez no Peso (1kg) Mulleres.
As MMP foron para Bruno Alonso, Martín Alonso e Ache Villanueva nos 400m Homes; Martín Alonso na Lonxitude Homes; Roque Gil na Pelota (200g) Homes; Allie Cellerino na Altura Mulleres e Sara Rosales na Pelota (200g) Mulleres.
Da á 2ª Xornada Serie Municipal Concello de Vigo, cómpre mencionar as MMP para Rubén Vázquez nos 300m Homes; Olivia Smyth nos 600m Mulleres e Daniel Currás, Yonas Pousa e Nicolás Vázquez nos 600m Homes.
En relación ao XXX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub18 en Pista AL disputado no CGTD (Pontevedra), Sabela Vázquez acadou a terceira posición no Disco (1kg) Mulleres (con MMP na proba) e no Peso (3kg) Mulleres.
Finalizamos o resumo co I Cross Escolar Vigo Corre, celebrado o domingo 1 de xuño e que contou cunha gran participación de atletas do equipo.
Os podios acadados polo C.S.C.R. foron os seguintes:
Primeiras posicións para Xoana Silva (Infantil Feminino); Ángel Rodríguez (Infantil Masculino); Fernanda Mateo (Alevín Feminino) e Antón Fuentes (Alevín Masculino).
Segundo posto do podio para Irene Burgos (Infantil Feminino); Mia Lago (Alevín Feminino) e Alejandro González (Benxamín Masculino).
As terceiras posicións foron para Icía Ameneiro (Infantil Feminino) e Noa Lago (Alevín Feminino).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: Abel / Alfonso / Ángel / Fer / Pablo

