Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acaecido na X Festa do Atletismo Galego celebrada o xoves 3 de xullo no CGT de Pontevedra.
Dela destacan as MMP de Rubén Vázquez nos 300m Homes; Daniel Currás, Mateo Domínguez e Pedro Acuña nos 1.000m Homes e Olivia Smyth nos 300m Mulleres.
Índonos cara a fin de semana, o sábado 5 de xullo tivo lugar o XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub20 en Pista AL na Pista Universitaria de Santiago de Compostela.
Nel, a atleta Uxía Franco logrou MMP no Peso Mulleres e MMT en Disco Mulleres.
Ese mesmo día, o Estadio Municipal de Atletismo de Vigo acolleu o Gran Premio Internacional “Ciudad de Vigo”, destacando as MMP de Fernanda Mateo, Xoana Silva e Xulia Vázquez nos 500m Mulleres; Yonas Pousa e Martín González nos 600m Homes e as MMT de Camino Gil, Valeria Sende e Sara Pérez nos 500m Mulleres.
Finalizamos o resumo coa XLI Carreira Popular de Leiro, proba disputada o domingo 6 de xullo na que se acadaron os seguintes podios:
1ªs posicións para Uxía López (S16); Ángel Rodríguez (S14); Irene Burgos (S14); Mía Lago (S12) e Sara Rosales (S10); 2ªs posicións para Lara Pérez (S16); Laia Gesto (S14) e Fernanda Mateo (S12) e 3ª posición para Xulia Vázquez (S12).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografía: Mónica Guede

