Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Desta vez, unha delegación do equipo desprazouse ata Marín para participar na 10K Marín Manuel Rosales.
A proba, celebrada o sábado 26 de xullo, deixa como resultados máis destacados a 1ª posición de Xoel Franco na categoría Sub 16 – M e a 3ª posición de Ángel Rodríguez en Sub 14 – M.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: Alfonso Vázquez

