A Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, “Beade en pasarela”, un desfile de moda que busca recuperar as raíces dos eventos celebrados a finais dos anos 1990 e comezos dos 2000 na parroquia viguesa.
A cita, que se celebrará o vindeiro sábado 4 de maio de 2024, ás 19:00 h no auditorio do C.S.C.R. de Beade, contará coa participación dun total de 85 modelos de tódalas idades, comprendidas entre os 2 meses e os 87 anos.
O público observará de primeira man as tendencias levadas por ata once tendas, variadas en canto a estilos, tallaxe e idades, sendo as seguintes: Anca, Bici o Con, Bombom, Bonita de Vestir, Boxer, El Escondite, Happy Kids, Las Cosas de Noe Shop, Mapa, Titiero e Urban 10.
Ademais, contarán coa colaboración especial de Floristería Trudel Waidele, Peluquería Glob e Peluquería Monsoliño.
Por outra banda, os pases veranse intercalados, coa fin de facer moi ameno e divertido o evento, de intermedios, como unha actuación musical, unha intervención deportiva, sorteos e a entrega de obsequios ás empresas participantes.
En canto aos sorteos, diferentes empresas da parroquia e de fóra dela, como Pizzería El Ventanal, Motopasión ou as propias tendas participantes no desfile, aportarán donativos para poder realizalos a favor da Asociación Xuvenil de Beade na procura de costear futuras actividades e proxectos desenvoltos pola renovada organización que, con este acto, presenta en sociedade aos seus novos compoñentes, rapazas e rapaces que queren facer sentir ao futuro de Beade como parte do seu presente.
Efemérides:
Metropolitano (26/04/2024): https://metropolitano.gal/que-hacer/beade-se-engalana-para-acoger-un-desfile-de-moda-en-vigo-con-modelos-de-todas-las-edades/
VigoÉ (26/04/2024): https://www.vigoe.es/tendencias/moda/beade-sube-a-la-pasarela-a-85-vecinos-de-entre-dos-meses-y-87-anos/

