A Asociación Xuvenil de Beade xa ten data para a “Festa do Entroido 2026”.
A cita será o sábado 7 de febreiro, ás 17:00H, no Centro Cultural de Beade.
Nela haberá o gran concurso de disfraces, con tres categorías: infantil (até 12 anos), adultos e grupal; con tres premios por categoría.
Poderás facer o teu propio antiface e haberá barra con comida e bebida.
Anota a data que agardámosvos a todos!

