A Asociación Xuvenil de Beade impulsa, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, «Un Beade de Medo», unha actividade que terá lugar o sábado 2 de novembro nas instalacións do Centro Cultural.
Entre as 18:00H e as 20:00H haberá para a cativada unha festa e talleres de Samaín.
Dende as 20:00H e ata as 23:30H a xente moza e adulta poderá disfrutar do túnel do terror e tamén da festa.
Importante para o túnel do terror:
Anotarse chamando ao 986210967 ou na oficina do Centro Cultural de Beade. En base aos inscritos se realizarán grupos duns 10 compoñentes.
Se recomenda a experiencia para o público xuvenil e adulto, pero poden vir nenos, baixo a responsabilidade dun adulto.
Se alguén quere ir ao túnel do terror e non levar aos cativos, pode deixalos na festa ao coidado da Asociación Xuvenil.
Ademais, haberá habilitada unha barra con bebida, postres e chocolate quente.
Disfrázate e ven pasalo de medo, a entrada é de balde!

