A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe nas súas instalacións a “Visita de Papá Noel”.
O evento, que terá lugar o domingo 22 de decembro, ás 17:00H., conta coa organización da Asociación Xuvenil de Beade baixo a colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, tendo preparado multiples actividades coa temática do Nadal para a cativada, entre os que están os contacontos, pintacaras, obradoiros, manualidades…
Ademais, haberá á venda chocolate con churros, postres caseiros, refrescos…
Vinde a vivir unha xornada máxica en familia, sen esquecer as vosas cartas para que os desexos se fagan realidade!

