Chega o tradicional “Acendido da árbore de Nadal”, un evento moi especial que quere reunir á veciñanza para dar lugar a unha xornada chea de ilusión, maxia e unión que tanto caracterizan a estas datas.
Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vos convidamos a participar na decoración da nosa árbore.
Para elo podedes doar bolas de cor dourada, prata ou vermella (personalizadas co voso nome), ou mediante a creación de postais en tamaño A5 (A4 dobrado á metade).
FESTA DO ALUMEADO
Vos agardamos a todas e a todos nas nosas instalacións o domingo 24 de novembro a partir das 17:00H. con sesión karaoke e ás 19:00H. co acendido da árbore de Nadal!

