A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade conmemora este sábado 9 de marzo o “Día Internacional da Muller” cunha gala a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
Este evento solidario contará coas actuacións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Pasión Flamenca e Fausto Tenor.
Tras o acto, que dará comezo ás 18:00h no auditorio do C.S.C.R. de Beade, se convidará a todas as mulleres a unha chocolatada.

