O grupo musical “ARRORRÓ”, formación composta polos oito alumnos da clase de Conxunto Instrumental 5 da ETRAD, será quen abra a programación do mes de marzo con «ARRORRÓ en concerto», un evento que terá lugar o mércores 6 ás 20:00h no Auditorio do Centro Cultural de Beade.
Coñecendo a formación:
Dende o principio, Arrorró comeza a arranxar pezas populares e propias que cada integrante vai aportando, dándolles o seu toque personal e orixinal. A troula e a complicidade entre eles son evidentes, pero máis aló diso, o que realmente une a Arrorró é o seu vínculo emocional. O grupo non é simplemente un conxunto de músicos, senón uns amigxs que comparten a mesma paixón; o amor pola música e as ganas de compartilo a través do seu repertorio cantado e instrumental.

