A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar o campamento de Nadal do ano 2023/24!
Pico e Cuda están desexando volver a ver ás nenas e nenos para realizar actividades relacionadas coa época na que nos atopamos.
DATOS DE INTERESE:
Apertura de inscricións: luns 4 de decembro
Duración do campamento: do venres 22 de decembro ao 5 de xaneiro
Aula matinal: 8:30H a 14:30H
Horario: 9:30H a 13:30H
Idades: 3 a 12 anos
Folla de inscrición: dispoñible na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade a partir do venres 1 de decembro.
Máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Grazas por confiar outro ano en nós para vivir o Nadal!

