Os nosos atletas Lucas Costas e Rubén Vázquez competiron durante a fin de semana do 8 e 9 de xuño no Campionato de España Sub 14 Individual celebrado no Estadio de Atletismo Vallehermoso (Madrid).
Os rapaces foron quen de realizar unha moi boa actuación. Ambos tiñan que facer un tríatlon (3 probas) e na meirande parte delas obtiveron marca persoal que lles servíu para acadar unha meritoria clasificación.
A continuación se detallan os resultados de ambos:
Lucas Costas:
10.73 nos 80 ml
33.59 no disco
9.87 no peso
Rubén Vázquez:
4.91 na lonxitude
1.41 na altura
13.96 nos 80 m vallas
Parabéns polo traballo realizado!

