Boas xornadas para os nosos atletas, que veñen de acadar uns magníficos resultados nas competicións disputadas durante a segunda fin de semana do ano.
Comezando o resumo co acaecido o sábado 11 de xaneiro, o protagonismo foi para o “Campionato Galego de Cros Xogade 2025” disputado en Poio, onde cómpre mencionar as actuacións do equipo cadete masculino (1ºs na clasificación por equipos); equipo alevín feminina (1ªs na clasificación por equipos); Xoel Franco (1º na clasificación xeral de cadete masculino); equipo infantil feminina (3ªs na clasificación por equipos) e Ángel Rodríguez (3º na clasificación xeral de infantil masculino).
Ese mesmo día tivo lugar en Ourense o “Control FGA Pista Cuberta”, tendo como representantes a Aldara Fonseca (1.500m FEM. PC); Carla Guisande (1.500m FEM. PC); Daniel Ameneiro (1.500m MASC. PC) e Marcos Acuña (400m MASC. PC).
En canto ao “Control FGA Mañán” disputado o domingo 12 de xaneiro, os atletas desprazados ata Ourense foron Carmela Sanromán (50m FEM. PC); Clara Lago (60m FEM. PC, Altura FEM. PC); Cíes Rial (60m FEM. PC, Altura FEM. PC); María Costas (60m FEM. PC, Altura FEM. PC); Mateo Laíño (60m MASC. PC, Altura MASC. PC); David Costas (60m MASC. PC, Altura MASC. PC); Candela Alonso (Altura FEM. PC, 60m vallas (0,762) SUB14 FEM. PC); Nicolás Vázquez (60m MASC. PC, 60m vallas (0,91) SUB16 MASC. AL); Lucas Costas (60m MASC. PC, 60m vallas (0,91) SUB16 MASC. AL) e Rubén Vázquez (60m MASC. PC, 60m vallas (0,91) SUB16 MASC. AL).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

