Finalizamos o repaso da xornada deportiva que tiveron as nosas atletas durante o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) coa proclamación como campioas das benxamíns femininas do C.S.C.R. de Beade no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 10 tras unha tarde acompañada de choiva e sol.
Os resultados foron os seguintes:
Clara Lago: 1ª na altura
Cíes Rial: 1ª na lonxitude
Emma Pérez: 2ª na pelota
Relevo (Jana Rodríguez, Cíes Rial, María Costas e Clara Lago): 3ªs nos 4×50
Inés González: 4ª nos 50ml
María Costas: 4ª no peso
Jana Rodríguez: 4ª nos 1000 marcha
Sara Rosales: 4ª nos 500ml
Amelia Molinos: 5ª nos 1000ml
Noraboa a todas, campioas, unha meritoria posición grazas as súas participacións e puntos acadados. A continuar coa aprendizaxe!

