O 17 de maio foi unha xornada deportiva intensa para os nosos atletas, que, coincidindo co Día das Letras Galegas, se desprazaron ata o Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras).
Comezamos cos alevíns masculinos do C.S.C.R. de Beade, que acadaron a 9ª posición no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 12.
Os resultados foron os seguintes:
Ángel Rodríguez: 1º en 1000ml
Relevo (Yoel Serantes, Adrián Fuentes, Ángel Rodríguez e Antón Fuentes): 5ºs no 4×60
Antón Fuentes: 6º na altura
Adrián Fuentes: 7º nos 60ml
Adrián Currás: 7º no peso
Mateo Laíño: 8º na lonxitude
Darío Fernández: 11º na pelota
Yoel Serantes: 11º nos 500ml
Noraboa a todos por participar e a continuar coa aprendizaxe!

