A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de dar a coñecer a programación cultural da «Cereixa de auga» de febreiro, tendo como gran protagonista a troula.
O “Entroido en Beade” será quen de poñer fin á intensa actividade que vivirá a Comparsa de Entroido pertencente a este centro sociocultural.
Para elo a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e a Asociación Xuvenil de Beade teñen preparada unha festa para o sábado 24 de febreiro que comezará ás 17:00h. cun pasacalle da comparsa pola parroquia.
Media hora máis tarde, isto é, ás 17:30h., realizarán un concurso de disfraces con diferentes categorías de idade.
Finalmente, a Sala de Exposicións do C.S.C.R. acolle ata o 26 de febreiro a mostra artística “Retratos”, de Manuel Juncal.
Nota informativa: o «Entroido en Beade» queda adiado por coincidir cunha actuación da Comparsa de Entroido.

