A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta a programación da “Cereixa de auga” do mes de febreiro de 2025, estando presentes o amor e o teatro.
Comezando polo ámbito artístico, Carolina Avendaño nos amosará as súas creacións mediante a exposición “Emociones en Abstracto”, unha mostra que dará comezo o 11 de febreiro e rematará o 11 de marzo na Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade.
Seguidamente, o “Baile de San Valentín” se convirte na gran novidade festiva, tendo lugar o sábado 15 de febreiro ás 22:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Amenizado polo Grupo Azabache, esta data será especial para vivir en parella ou para atopar a media laranxa.
Finalmente, Teatro A Cividade chega á terra da cereixa dende a terra da rosa para amosar ao público “Amor, Diñeiro e Saúde”, unha peza de humor intelixente e diversión sen límite creada polo propio grupo.
O evento está programado para o domingo 16 de frebreiro ás 18:30H. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade.

